A festa dos maios,tamén coñecida simplemente como os maio,é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio,se ben en Ourense faise tradicionalnente o día .
A celebración das festas de maios é común en moitos países de Europa,onde existen variantes similares da mesmafestividade.
ORIXES
As orixes da festa remóntase ás antigas civilizacións prerromanas,como a celta.A festividade celta de Beltane marcaba o inicio do verán pastoral cando as rabaños de gando eran levados cara aos pastos de verán e as terras de pasto das montañas. De aí a adoración dos fenómenos terrenais: terra, mar e aire. Unha das principais actividades da festividade consistía en acender fachos nas montañas e outeiros con rituais e significados políticos. A tradición estivo presente en Roma, entre o culto a multitude de deuses. Os romanos tamén asimilaron esta tradición mayumea en honra da chegada da primavera e das primeiras flores do ano, o día que corresponde co actual primeiro de maio.
CELEBRACIÓNS EN GALICIA
A festa dos maios significa o reverdecer das plantas,o comenzo do ano agrícola,a ledicia de ver erguese o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza.
En Galicia vén celebrándose habitualmente o 1º de maio.
É costume facer competicións,premiando as mellores esculturas e as mellores cantigas
MAIOS HUMANOS
Os mais humanos podían ser individuais: un mozo ou moza, ás veces disfrazados, adornados con flores, follas ou pólas e cunha coroa de flores.Cando se trataba dunha nena, a maia, ía vestida de branco, con ás e coroas de flores. Noutros lugares eran grupos de xente vestidos do mesmo xeito, e que cantaban e danzaban arredor do maio. Este tipo de maios moi habituais hai un cento de anos foron esmorecendo pouco a pouco até chegar case á desaparición. Cunqueiro lembrou nun dos seus artigos os de Mondoñedo. Son coñecidos os maios humanos de Portomarín ou os de Viveiro. Tamén en Vilafranca do Bierzo, localidade berciana de cultura galega (os maios cántanse no galego oriental propio da zona) é un dos poucos lugares onde se manteñen vivos esta tipoloxía de maios.
CANTIGAS
Había dous tipos de cantigas para cantar ó redor dos maios.
Nin é alto, nin é baixo,
nin é malo, nin é bo,
parece un reló parado
dentro da Deputación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario