POR QUE CHOVE CARA ABAIXO?
Era unha vez unha cidade de microhabitantes, situada sobre as nubes. Entre todos eles, vivía a nosa protagonista: Greys. O seu soño era viaxar á Terra pero, como non podía baixar, puxo en marcha a súa imaxinación.
Durante meses a pequena estivo traballando nun medio de transporte para lograr o seu propósito; finalmente, intentando construir "algo" para viaxar á Terra, erróneamente creou un trebello co que podía facer que caesen pequenas gotiñas de auga na zona á quese dirixise.Fixo moitos experimentos coa súa pequena invención: modificou, arranxou e colocou toda clase de artefactos nesas pequenas gotas de auga. Pero tiña un problema, non podía dirixir a gotiña a donde quería con exactitude. Cabilou e cabilou ata que se lle ocorreu poñer un volante e un motor no seu vehículo. E así comezou a súa fascinante viaxe á Terra.
Resumindo, que á auga-chuvia- cae para abaixo grazas á curiosidade dunha nena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario