Venecia

Venecia
Venecia, Partida de Marco Polo

15 marzo, 2017

DIARIO


Diario de HUGO

24 -2 -17
Chegaron as vacacións de entroido e a miña familia quixo ir dous días a Barcelona de viaxe. 
Saímos do aeroporto nunha maña fría e con choiva. Todo saiu estupendamente , ata que, cando chegamos a aterrar no aeroporto de Barcelona, unha enorme barrufada de vento e choiva dificultounos a aterraxe pero, coa incrible experiencia do piloto, todo saiu perfecto.
Ao chegar ao  noso hotel eran xa as 2:30 h, moi tarde..., 
Todos decidimos que ese día non íamos  visitar nada: descansamos durante toda a tarde e toda a noite no hotel.

25-2-17
Ao despertar pola mañá un enorme raio de sol iluminaba a nosa habitación. 
Meu irmán estaba emocionado, así que decidiu saír á terraza e botarlle unha ollada a aquela inmensa cidade na que vía unhas torres moi puntiagudas. Preguntoume que viñan sendo aqueles edificios.  Respondinlle que eran unhas torres da Sagrada Familia moi importantes .
Xa pola tardiña decidimos ir ver as torres da Sagrada Familia porque a meu irmán lle interesaba moito. Xa vistas as torres, quixemos ir dar unha volta por aquela hermosa cidade que nos amosaba unha cultura moi diferente a que temos en Galicia .
A noite achegábase e fumos cear a un restaurante. Case non había sitio nel, era moita a xente que estaba a cear alí porque este lugar tiña saído recentemente nun xormal con moi boa crítica gastronómica. 
De volta no hotel, satisfeitos ainda que moi cansos, cada un de nos quedou dormidiño na súa cama.

26-2-17
Hoxe temos moi malas noticias. Temos un familiar moi enfermo en Galicia , así que decidimos volver o antes posible. Recollimos todo e fumos para o aeroporto para coller un vo donde tivésemos praza .
E aquí remataron as nosas vacacións de entroido .



Ningún comentario:

Publicar un comentario